Noticias da Mesa

A Mesa parabeniza o grupo Inditex por empregar o galego nas tendas virtuais das súas principais marcas de moda

A recentemente estreadas tendas on-line de Pull&Bear, Bershka, Stradivarius e Zara xa permiten facer todo tipo de compras ou consultar a moda de temporada na lingua propia de Galiza

A Mesa agarda que o grupo téxtil “siga dando pasos” para incorporar o galego na súa rede de tendas no país ou no atendemento oral ao público

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Mesa pola Normalización Lingüística parabeniza a decisión empresarial do grupo téxtil Inditex de incorporar con normalidade o galego nas novas tendas virtuais dalgunhas das súas principais cadeas de moda.

 

Recentemente estreadas nunha nova versión, as tendas on-line de Bershka, Pull&Bear, Stradivarius e Zara introducen a lingua galega entre as opcións lingüísticas nas que se poden consultar os seus sitios web de compras a través de internet. Deste xeito, as galegas e os galegos podemos facer todo tipo de compras en liña ou consultar os catálogos de temporada na nosa lingua propia.

 

A Mesa valora como “moi positivo” o paso dado polo grupo téxtil galego e “anímao” a seguir dando pasos para a plena normalidade do galego na súa actividade comercial e na súa política de comunicación.

 

Entre outras medidas, a maior asociación cultural de Galiza sinala a introdución da opción de galego nas páxinas web en que esta aínda non existe –caso da páxina principal do grupo empresarial – ou o uso normal do galego nas diferentes campañas promocionais, na sinalización interior das tendas emprazadas en Galiza e na etiquetaxe dos produtos, así como a garantía de atención oral na nosa lingua na atención ao público.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis