Noticias da Mesa

A Mesa participa na Plataforma Cidadá en Defensa da RTV Pública Galega

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, asistiu esta mañá á presentación en Santiago de Compostela da Plataforma Cidadá en Defensa da Radio Televisión Pública Galega. A asociación anima a adherirse, tamén individualmente, ao seu manifesto.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Manifesto en defensa da radiotelevisión pública galega

As persoas abaixo asinantes, representantes de organizacións sociais, sindicais, políticas, profesionais e académicas, e cidadás e cidadáns particulares, consideramos que a sociedade galega está ante un momento crucial para mellorar e afianzar o seu modelo de servizo público de comunicación, e expresamos a nosa vontade de defender a existencia dunha radiotelevisión pública:

  1. Que defenda a identidade nacional de Galiza, promova o coñecemento e a difusión da súa historia e a súa cultura e impulse a normalización da súa lingua.

  2. Que impulse o coñecemento e o respecto aos dereitos humanos (dos homes, das mulleres e da infancia), cívicos e políticos recoñecidos nos tratados e normas internacionais.

  3. Que promova a igualdade entre mulleres e homes, introducindo a visión de xénero en todos os contidos, utilizando unha linguaxe non sexista e abordando correctamente a información sobre os temas relacionados.

  4. Que dedique especial atención, pola súa importancia futura para a sociedade, á infancia e á mocidade, reforzando a función educativa e socializadora dos medios audiovisuais, incluíndo a promoción da igualdade de xénero.

  5. Que ofreza gratuitamente un conxunto de programacións variadas, equilibradas e de calidade para todos os públicos, e que asegure aqueles contidos destinados ás minorías máis desfavorecidas da nosa sociedade.

  6. Que informe con veracidade, imparcialidade, independencia e pluralidade, afastándose da banalización e o sensacionalismo.

  7. Que estimule a participación democrática mediante unha regulación que asegure a aplicación efectiva do dereito de acceso aos medios públicos dos grupos sociais e políticos, sen excluír as minorías.

  8. Que fomente o acceso universal aos servizos relacionados coa Sociedade da Información.

  9. Que dispoña dos recursos materiais, orzamentarios e humanos necesarios para desenvolver mediante xestión directa as misións de servizo público que ten encomendadas.

  10. Que cumpra a súa función estratéxica como motor do desenvolvemento da produción audiovisual independente con transparencia, evitando a concentración das compras nun número reducido de provedores.

Por último, instamos ao Parlamento de Galiza a regular por lei a creación dunha autoridade audiovisual independente, que vele polo cumprimento da normativa reguladora do sector audiovisual xestionado pola Xunta, conforme aos principios expresados neste manifesto.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis