Noticias Noticias da Mesa

A Mesa participa no comité directivo virtual de ELEN sobre o efecto da Covid19 nas linguas minorizadas

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, participou esta fin de semana no comité directivo virtual organizado pola Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN) co obxectivo de debater o efecto da Covid19 nas linguas europeas. O comité contou coa participación de Fernand de Varennes, relator especial para as minorías da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, e mais de Elise Cornu, responsable da recentemente creada división de minorías nacionais e lingüísticas do Consello de Europa.

“Os dereitos lingüísticos son dereitos humanos”, recorda Maceira, “e a xuntanza de ELEN permitiunos debater dun xeito global os efectos da pandemia sobre as persoas falantes de linguas minorizadas e compartir a nosa preocupación co relator especial para as minorías da ONU, que lamentou o xeito no que a Covid-19 está, efectivamente, acelerando e agravando as desigualdades que xa existían e aumentando o discurso de odio contra as minorías en todo o mundo”.

Maceira explica que a xuntanza virtual de ELEN serviu tamén para darlle a benvida a Elise Cornu, responsable da recentemente creada división de minorías nacionais e lingüísticas do Consello de Europa, e para recoñecer a rápida intervención do Comité de Expertos deste organismo, cando comezou a pandemia, recordándolles aos Estados europeos que deben empregar as linguas minorizadas nas comunicacións relativas á crise sanitaria, respectando os dereitos lingüísticos da súa cidadanía. O presidente da Mesa aproveitou a ocasión para denunciar perante a responsábel europea o desleixo da Xunta de Galicia e do Estado español no uso do galego á hora de comunicar, informar e atender a cidadanía en relación á Covid.

A Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN) ten como obxectivo a busca de beneficios, a promoción e protección das linguas europeas menos utilizadas, traballar no sentido de igualdade e para ser unha voz para os falantes de linguas a nivel local, rexional, nacional, europeo e internacional. Representa 42 comunidades lingüísticas de 23 Estados europeos e ten carácter de organismo consultivo do Parlamento Europeo, do Consello de Europa, das Nacións Unidas e da UNESCO. Forma parte, ademais, da Plataforma de ONG da Comisión Europea para Multilingüismo, a Plataforma de ONG para Cultura, a Plataforma de ONG para a Axencia de Dereitos Fundamentais da UE, e do Consello Económico e Social da ONU.

Está previsto que a próxima Asamblea Xeral de ELEN se celebre en Galiza, tan pronto como a situación sanitaria o faga posíbel.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis