A Mesa participa no Culturgal 2015 cun posto e presentando o Abecedario

O espazo infantil acollerá a presentación do Abecedario cunha actuación de Magín Blanco a sexta feira 4 de decembro ás 18.30

No posto número 6 teremos información sobre campañas e actividades xunto con novos materiais á venda: o libro das aves, camisolas, láminas…

A Mesa pola Normalización Lingüística participa un ano máis no Culturgal, a máis importante feria da cultura galega que terá lugar en Pontevedra os días 4, 5 e 6 de decembro. A entidade en defensa do galego, contará cun posto propio onde informará sobre as súas actividades e propostas ademais de pór á venda diferente material entre o que destaca o novo libro das aves con ilustracións de Calros Silvar.

Xa o primeiro día presentará o primeiro volume da colección de materiais didácticos, O Abecedario, ilustrado por Oscar Villán e que conta cunha canción de Magín Blanco. Esta presentación terá lugar ás 18.30 no espazo infantil.

Coñece aquí o programa do Culturgal 2015

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra