Noticias da Mesa

A Mesa participará este 25 de xullo no Festigal

A Mesa estará presente na Galería de Asociacións e Organizacións do Festigal

Fomentaremos un consumo responsábel coa nosa lingua cunha pequena exposición de materiais e servizos das empresas de Abertos ao Galego

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Un ano máis, este 25 de xullo A Mesa pola Normalización Lingüística participará no Festigal, que se desenvolverá coincidindo co Día da Patria Galega no Campus Sur de Santiago de Compostela.

 

A Mesa estará presente na Galería de Asociacións e Organizacións do Festigal, onde vos agardamos a todas e todos a tarde do 25 de xullo, a partir das 15.00h. Alí poderedes informarvos da actividade da nosa organización, mercar material (camisolas, chapas, cadernos, etc.) e como non afiliardes máis socias e socios que traian zume novo á defensa da nosa lingua.

 

Ademais, este ano contaremos tamén cunha pequena exposición de materiais cedidos polas empresas de Abertos ao Galego que queren acompañarnos no Festigal para daren a coñecer os seus produtos e servizos. Desde Galileo Nenos envían A Cidade de Cenorio e o Crebacabezas de Galicia, de Pizzbur a súa revista Pizzbur Galipizza, Ela Diz trae unha mostra de moda e artesanía galega, Edicións Xerais envia algunhas das súas máis recentes novidades, de Lúcete Lecer traen materiais de tempo libre e ademais poderemos probar as Galletas Mariñeiras de Daveiga!! Tamén estarán con nós o Camping Gaivota, Edicións Positivas, Eureco Galicia ou Cafécongotas, para que todas as persoas que se acheguen ao posto da Mesa poidan coñecer de primeira man as súas novidades.

 

Será unha excelente oportunidade para darmos a coñecer empresas de diversos ámbitos socioeconómicos comprometidas coa nosa lingua e fomentarmos un consumo responsábel co galego.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis