Noticias da Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística faralle chegar a Abanca o seu interese por igualar a situación do galego nos contratos e servizos da nova entidade

A Mesa agarda que Abanca asuma os compromisos adquiridos no seu día por Caixa Galicia e Caixanova de disponibilizar a opción do galego para todos os seus contratos e servizos

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Santiago de Compostela 28 de xuño de 2014. A Mesa pola Normalización Lingüísitica mostrou hoxe a súa preocupación pola posibilidade de que Abanca manteña os retrocesos en igualdade lingüística que caracterizaron a etapa de Novagalicia Banco tras a súa nacionalización.

 

A Asociación en defensa da lingua denunciara nos últimos meses o proceso de desgaleguización que sufrira Novagalicia Banco desde que os Estado se fixera co seu control. Así, desde A Mesa denunciaran os “numerosos pasos atrás” que a entidade levara a cabo en relación co uso do galego e coa garantía de atención nesta lingua, deixando de disponibilizar en galego parte dos seus servizos e modelos de contrato e mesmo facendo desaparecer o galego da sinaléctica e cartelaría interna dalgunhas oficinas. Esta actitude imcumpría os compromisos que adquiriran  no seu momento Caixa Galicia e Caixanova coa propia Mesa e con grande parte da súa clientela.

 

A Mesa lembrou que o compromiso de galeguizar os seus servizos ao que chegaran as antigas Caixas e a entidade en defensa da lingua adquirírase no marco dunha exitosa campaña levada a cabo pola asociación centrada no sector financeiro na que as entidades se comprometían a normalizar o uso do galego a cambio de acceder a unha importante carteira de clientes aglutinados pola campaña dispostos dimiciliar as súas nóminas en entidades que galeguizasen os seus servizos. Porén, tras a nacionalización de Novagalicia Banco moitas aforradoras e aforradores que domiciliaran as súas nóminas baixo estas condicións viron como se deixaban de respectar estes acordos.

 

A Mesa confía en que a nova etapa que comeza Abanca corrixa esta deriva e recupere o compromiso de respectar os dereitos lingüísticos da súa clientela. Neste sentido, a asociación en defensa do idioma faralle chegar estas demandas de igualdade real do galego tamén nas finanzas á dirección da nova entidade: “O Galego debe ter, como lingua propia de Galiza que é, como mínimo, o mesmo trato que o castelán, e a nova banca debe garantir o dereito de calquera cliente de recibir toda a documentación e todos os servizos na súa lingua”, sinalan desde A Mesa.

 

Para Marcos Maceira, “o feito de situar o galego en igualdade de condicións na actividade do novo banco daría credibilidade ás declaracións dos novos propietarios sinalando que  pretenden ser unha banca galega”, xa que “non hai mellor mostra de compromiso con Galiza que a utilización normal da súa lingua”.  

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis