Noticias da Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüística súmase ao loito polo falecemento do escritor Xabier P. Docampo

Santiago de Compostela. 26/07/2018-. A Mesa pola Normalización Lingüística súmase ao loito polo falecemento do escritor Xabier P. Docampo

Xabier P. Docampo foi un dos escritores máis coñecidos e lidos da nosa literatura, sobre todo os títulos de literatura infantil e xuvenil.

A Mesa destaca o seu papel protagonista na defensa da nosa lingua. Entre outras, deixounos estas palabras:

“(…) A defensa da lingua é a defensa de nós mesmos, sen ela non somos nada no mundo, perdemos as dimensións que nos fan visíbeis, que nos dan o espesor necesario para sermos cidadáns do mundo

(…) O idioma non é de ninguén, porque é de todos. Non é de onte nin de hoxe, porque é de sempre. A lingua non se protexe nin se preserva para os de hoxe, senón que se garda e continúa para os de sempre, para os que foron, para os que son e para os que han ser. A lingua nin sequera é patrimonio dos que a usan, senón que é un ben da humanidade enteira. Patrimonio para preservar, coidar e estender no seu uso, e para entregar con xenerosidade e con orgullo aos nosos fillos e aos nosos netos e que así se fagan responsábeis da cadea que tamén a eles haberá de transcender.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis