Noticias da Mesa

A Mesa presentaralle ao Consello de Europa o estudo sobre o galego na Educación Infantil das cidades galegas

Unha delegación da Mesa pola Normalización manterá unha reunión esta segunda feira co Comité de expertos que avalía o cumprimento do Convenio Marco de protección das minorías nacionais do Consello de Europa

Marcos Maceira: “Europa e o mundo teñen que coñecer os retrocesos en dereitos lingüísticos do quinquenio negro de Feixó”

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2014.- Unha delegación composta polo presidente da Mesa, Marcos Maceira, e polo membro da permanente da asociación, Paulo Filgueiras, reunirase esta segunda feira (luns) 7 de xullo en Madrid co Comité de expertos do Consello de Europa para o Convenio Marco para a protección das minorías nacionais.

 

Nesta xuntanza A Mesa exporá os continuos incumprimentos en materia de dereitos lingüísiticos que poñen mesmo en cuestión a oficilialidade real da lingua galega por parte da Xunta e do Estado. Este Convenio Marco para a protección de minorías nacionais promovido polo Consello de Europa e ratificado polo Estado Español inclúe expresamente no seu articulado o dereito de aprender a lingua propia e o respecto pola toponimía na lingua propia, polo que serán dous dos puntos nos que A Mesa centrará o seu relatorio.  

 

Deste xeito, A Mesa informará ao Consello de Europa sobre a situación do galego na educación infantil á luz dos datos do último estudo elaborado pola entidade en defensa da lingua que mostran como o galego está a desaparecer desta etapa educativa.

 

Así mesmo, a asociación en defensa da lingua informará ao Consello de como nos últimos anos se multiplicaron as queixas que reciben pola deturpación da toponimia galega por parte da Administración (desde o Ministerio de Agricultura á Axencia de Turismo da Xunta, pasando polo Concello da Coruña) e das empresas públicas (como Renfe ou TVE) ou mesmo universidades estatais como a UNED, unha cuestión que parecía estar superada. A Mesa denuncia que este revival de deturpación da nosa toponimia está motivado e impulsado ideoloxicamente desde o propio Goberno, que se nega a aceptar a diversidade lingüística e cultural do Estado renegando da lexislación e os consensos democráticos acadados entre todas e todos.

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis