Noticias Noticias da Mesa

A Mesa promove un apagón de RTVE o luns 11 de outubro dentro da Iniciativa “Queremos audiovisual en galego”

A Mesa pola Normalización Lingüística anima a sociedade galega a “apagar as canles de RTVE” o vindeiro luns día 11 de outubro como protesta polo desprezo que sofre a nosa lingua por parte da televisión pública española e que, en palabras do presidente da entidade, Marcos Maceira, “acadaron a súa máxima expresión na emisión de Master Chef do pasado luns”.

A entidade de defensa da lingua propón apagar La1, La2, Clan, Teledeporte e 24h o día 11 de outubro, de 0h a 24h, agás as emisións en galego en La1 de 14h a 14h20 e de 15h55 a 16h15 como un xeito de denuncia. “Só emiten en galego 39 minutos dun total de 120 horas, o que supón o 0,5% dos seus contidos diarios e o 0% dos contidos infantís ou xuvenís” recorda Maceira, “e aínda se permiten emitir tentativas de parodias co galego, pagadas co noso diñeiro”. “Queremos galego na televisión que pagamos”, abunda o presidente da Mesa.

Con este apagón, a Mesa quere destacar tamén o acordo unánime do Parlamento galego a favor da dobraxe, lexendaxe e audiodescricións en TVE. Respecto a isto e á presenza do galego na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, a Mesa está a desenvolver unha campaña social que se pode apoiar asinando en amesa.gal e o presidente da Mesa afirma que xa se dirixiu á dirección estatal de TVE até en tres ocasións solicitando unha entrevista coa dirección para lle presentar a reinvidicación de máis horas en galego e presenza dobrada e lexendada en toda a programación, sen obter resposta ningunha. “Esta actitude contrasta coa dirección galega e co persoal de RTVE en Galiza”, recoñece Maceira, “cuxo compromiso coa lingua galega está fóra de toda dúbida”. Por este motivo, o apagón exclúe a programación territorial que se emite integramente en galego entre  de 14h a 14h20 e de 15h55 a 16h15.

A Mesa anima a ver series e filmes en galego a través das diferentes canles e plataformas.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis