A Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa rexeita a exclusión do galego nas festas de Ferrol

Máis unha vez, o Concello gasta centos de miles de euros dirixidos a invisibilizar a nosa lingua e cultura

Ferrol, 26 de xullo de 2014.- As festas que deberían servir para o desfrute da totalidade das veciñas e veciños de Ferrol, para convidar a nos acompañaren a persoas da Galiza e de fóra dela, para impulsar a cultura da nosa comarca e a nacional como fonte de recursos económicos, son utilizadas para afastar o galego nunha ideolóxica e antieconómica aposta do PP.

 

Nun concello onde as perspectivas económicas son máis que negativas que renuncien a apoiar á nosa plural e moi cualificada cultura é de pasmo, que o galego sexa literalmente varrido debería facer dimitir á concelleira de Normalización Lingüística, Martina Aneiros, se tiver un mínimo de dignidade.

 

Por último, o responsábel da Mesa na comarca de Ferrol, Carlos Outeiro, considera que “as veciñas e veciños de Ferrol teñen dereito a coñecer a posición da distintas organizacións que pedirán o voto nas vindeiras eleccións municipais pois pretenderán asumir a responsabilidade de marcar as directrices das festas do ano que vén”.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra