Noticias da Mesa

A Mesa rexeita o menosprezo cara á lingua galega por parte do concelleiro de Festas de Santiago

O concelleiro afirmou que “ao galego non hai que darlle maior importancia”.

A asociación lamenta que “o actual goberno municipal de Santiago de Compostela sexa coñecido polo seu desprezo ao galego e ás leis” en lugar de “por logros positivos, cívicos e enriquecedores”.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

O concelleiro de Festas de Santiago de Compostela afirmou que “ao galego non hai que darlle maior importancia”, tras a petición do BNG municipal de que a narración dos fogos do Apóstolo non exclúa o galego e respecte a nosa toponimia oficial, a diferenza do que aconteceu o ano pasado. Ademais, sinalou que toponimia e lingua desa proxección irán “como queira a empresa” e non como quixer quen lle paga, que é a Administración.

A mesa pola Normalización Lingüística considera “moi grave que un cargo público realice tal ostentación de menosprezo cara á lingua galega e, con ela, tamén cara á lexislación de protección deste idioma, como a Lei de normalización lingüística, que estes días fai xustamente 30 anos en vigor”. Ademais, a entidade, que ten a súa sede nacional na capital de Galiza, lamenta que “o actual goberno da cidade sexa coñecido polo seu desprezo ao galego e ás leis”, asuntos que, “ademais, neste caso concreto, van de mans dadas”. “Deberían preocuparse de acadaren logros positivos, cívicos e enriquecedores, non de seren instrumentos de destrución”, apunta a maior asociación cultural de Galiza.

Ademais, ante as declaracións dese concelleiro, a asociación presidida por Carlos Callón tamén pide que se “esclarezan preante a veciñanza” as seguintes preguntas:

1) É que existe algún acordo n onpúbluco entre o Concello e esa empresa para que se exclúa o idioma galego e se infrinxa a Lei de normalización lingüística?

2) As empresas que cobran do Concello de Santiago de Compostela poden infrinxir a Lei sempre que quixeren ou só cando o goberno municipal diga expresamente que vai mirar para outro lado, como é neste caso coa Lei de normalización lingüística?

3) Que outros elementos da cultura galega e, por conseguinte, da cultura de Santiago de Compostela considera o concelleiro que non teñen a “maior importancia”?

4) O criterio subxectivo da “importancia” que lle conceda o concelleiro de Festas vai ser o máis relevante na política cultural e lingüística do Concello de Santiago de Compostela? Por que neste caso si?

5) Será en xeral este mesmo criterio de “importancia” aplicábel ao cumprimento da lexislación por parte do goberno municipal? Poderá entón o resto da veciñanza acollerse tamén a eses argumentos de “importancia” para cumprir ou deixar de cumprir coas leis e coas normas municipais?

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang