A Mesa pola Normalización Lingüística

A Mesa saúda o nacemento da edición diaria dixital de Sermos Galiza, novo medio de comunicación integramente en galego

A entidade cidadá en defensa do galego chama a facer un “consumo lingüístico responsábel” optando por aqueles medios de comunicación que empregan e apoian o noso idioma propio

A Mesa pola Normalización Lingüística parabenízase polo lanzamento de Sermos Galiza na que desde hoxe será a súa edición diaria dixital. O vindeiro 17 de maio iniciará a súa andaina un semanario en papel como parte deste novo proxecto xornalístico integramente en galego.

A maior asociación cultural galega deséxalle a Sermos Galiza os mellores éxitos na súa andaina e considera que a súa aparición é un “paso improtantísimo” na (re)construción dun espazo informativo propio na nosa lingua, como tamén o foron os aínda ben recentes lanzamentos dos diarios dixitais Praza Pública e Dioivo.

A entidade cidadá en defensa do galego que preside Carlos Callón chama a cidadanía a exercer un “consumo lingüístico responsábel” cos medios que empregan e apoian a lingua galega. Un “consumo responsábel” que, segundo consideran, é o “motor” da demanda que vai permitir manter e mesmo acrecentar a oferta actual de medios en galego.

Para A Mesa, “máis medios en galego” equivale a “máis pluralidade informativa, máis información e maior repercusión social de informacións ou iniciativas que hoxe non están a ter cabida na maioría dos medios de comunicación convencionais”.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra