Noticias da Mesa

A Mesa saúda o nacemento da primeira escola infantil de Avoaescola en Ferrolterra

O espazo educativo en galego atenderá nun primeiro momento nenas e nenos de até tres anos de idade

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2013.- A Mesa pola Normalización Lingüística amosou a súa ledicia pola materialización da primeira das escolas infantís de Avoaescola, que vén de abrir as súas portas en Narón para posibilitar que as nenas e nenos de O-3 anos da comarca poidan recibir educación en galego.

 

O centro aberto en Ferrolterra “realizará todas as accións, actividades lúdicas e educativas en lingua galega, co fin de que nenas e nenos acaden o seu uso nas relacións afectivas e de comunicación tanto sociais como familiares”, e é froito da iniciativa popular a través a Coorperativa Avoaescola, impulsada pola asociación “Galiza co Galego”. Avoaescola é unha cooperativa popular na que as propias familias asociadas teñen poder de decisión sobre as cuestións relacionadas co funcionamento e mantemento da escola. Ademais participan co persoal educativo na xestión e dinámica educativa.

 

A Mesa amosou máis unha vez o seu apoio a este proxecto, co que coincide na defensa activa do dereito ao ensino en galego. Este apoio mútuo concretouse o pasado mes de xuño coa sinatura dun convenio de colaboración entre as dúas entidades.

 

Ao mesmo tempo, desde a Mesa volveron lamentar que o executivo de Núñez Feijóo non garanta o dereito dos pais e nais a escolarizaren as súas crianzas na lingua propia de Galiza no ensino público, contravindo a lexislación galega e os dereitos recoñecidos na Carta europea de linguas rexionais e minoritarias.

 

Avoaescola de Ferrolterra está situada no centro urbano do Concello de Narón, na Estrada de Castela nº 184, no lugar coñecido como Alto do Castiñeiro.

 

 

Máis información: http://www.galizacogalego.com/

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis