Noticias Noticias da Mesa

A Mesa súmase ao pesar polo falecemento da filóloga Araceli Herrero Figueroa

A Mesa súmase ao pesar polo falecemento de Araceli Herrero Figueroa (Lugo, 1948) que exerceu de ensinante no antigo Colexio Universitario de Lugo e foi catedrática na Escola de Formación do Profesorado no Campus de Lugo da USC. Araceli estaba considerada como a primeira profesora en dar aulas en galego após o franquismo. Ademais do anterior, Herrero Figueroa foi unha estudosa da obra de Carvalho Calero a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas.

Desde A Mesa expresamos o noso sentido pésame á familia e amizades.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis