Noticias Noticias da Mesa

A Mesa visita a facultade de comunicación da USC para defender a loita polo galego na Lei do Audiovisual

Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, e Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, defenderán mañá terceira feira (martes) 9 de novembro, ás 11h, no salón de actos da facultade de comunicación da USC a necesidade de loitar pola igualdade do galego na Lei do Audiovisual que se está a debater no Estado. A mesa redonda, na que tamén participarán a actriz Lidia Veiga, o director Ignacio Vilar e o actor de dobraxe Andrés Bellas, é de acceso libre e gratuíto até completar o espazo.

Maceira advirte que “é da máxima relevancia para o futuro da lingua galega e do propio sector audiovisual do país” que a nova Lei do Audiovisual inclúa a demanda unánime do Parlamento Galego e as alegacións presentadas pola entidade de defensa da lingua, baseadas neste acordo parlamentar. “Cómpre actuar nun dos ámbitos onde a situación de exclusión da nosa lingua é máis evidente”, recorda, “e que, ao tempo, é un dos máis empregados polo público en xeral e pola mocidade e pola infancia e particular”. “Estes dous elementos converxen nun sector como audiovisual galego de calidade demostrada e gran capacidade para contribuír ao desenvolvemento cultural e económico do noso país”, conclúe Maceira.

O presidente da Mesa recorda que dos 25872 títulos entre series e filmes dispoñíbeis nas principais plataformas de televisión, practicamente todos contan con versión orixinal ou dobrada ao español e lexendado en español ou inglés pero só 25 están en versión orixinal galega e ningunha conta con opción dobrada ou lexendada á nosa lingua. “Esta oportunidade de mudalo é única”, remata Maceira, “o pobo galego unido é imparábel. Afrontamos esta oportunidade nas mellores condicións posíbeis: cun acordo unánime das forzas políticas e sociais galegas. A unidade é garantía de éxito.”

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis