Noticias Noticias da Mesa

A rede europea pola igualdade lingüísitica insta a Xunta a garantir o uso do galego como lingua vehicular do ensino

A Asamblea Xeral de ELEN, que celebra hoxe na Bretaña, amosou a súa preocupación polo descoñecemnto do galego en menores de 15 anos e pola vulneración dos dereitos lingüisiticos. O próximo encontro da entidade europea celebrarase en Galiza a finais de novembro de 2020

Roazhon, 26 de outubro de 2019.- A cidade de Roazhon (Rennes), na Bretaña, acolle esta fin de semana a Asemblea Xeral da Rede Europea pola Iguldade das Linguas (ELEN), na que participa unha delegación da Mesa pola Normalización Lingüística formada por Isabelle Kerdudo e Neal Baxter. Este organismo aprobou, a proposta da entidade galega de defensa dos dereitos lingüísticos, una resolución na que amosa a súa preocupación polo descoñecemento da nosa lingua en menores de 15 anos e insta a Xunta a garantir o uso do galego como lingua vehicular en todas as etapas do ensino. Fernand de Varennes, relator especial para as minorías da ONU, participou tanto nesta asemblea xeral como no Forum dos dereitos lingüísticos acollido polo Consello Rexional da Bretaña que a precedeu.

A Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN) ten como obxectivo a busca de beneficios, a promoción e protección das linguas europeas menos utilizadas, traballar no sentido de igualdade e para ser unha voz para os falantes de linguas a nivel local, rexional, nacional, europeo e internacional. Representa 42 comunidades lingüísticas de 23 Estados europeos e ten carácter de organismo consultivo do Parlamento Europeo, do Consello de Europa, das Nacións Unidas e da UNESCO. Forma parte, ademais, da Plataforma de ONG da Comisión Europea para Multilingüismo, a Plataforma de ONG para Cultura, a Plataforma de ONG para a Axencia de Dereitos Fundamentais da UE, e do Consello Económico e Social da ONU. A próxima Asamblea Xeral de ELEN celebrarase a finais do mes de novembro de 2020, en Galiza, segundo se aprobou hoxe mesmo por unanimidade.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis