Noticias da Mesa

A túa achega será unha flor para a primavera do galego

Podes facer a túa doazón a Queremos Galego a través do número de conta 2100 5753 01 02 00053054, de La Caixa. Rogámosche que indiques no concepto “Achega individual 17 de maio de 2012”. Co teu apoio dáslle forza á nosa lingua e ao movemento cidadán que a defende.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A preocupante situación pola que atravesa a nosa lingua lévanos a seguirmos facendo do 17 de maio unha data para reivindicarmos na rúa que o galego non é unha lingua de museo á que homenaxear unha vez no ano. Moi ao contrario, é un idioma vivo e útil, e ademais é o noso: razón máis que suficiente para o defendermos e para exixirmos das nosas institucións que garantan a súa plena normalidade en todos os ámbitos.

 

O intenso traballo desenvolvido por Queremos Galego xa nos seus primeiros meses de andaina ocasionou toda unha serie de gastos axiña moi superiores aos ingresos. A agudización da crise económica, e sobre todo a caza de bruxas institucional contra o galego, petaron con forza na nosa porta: moitas das entidades que conforman a plataforma viron moi minguados os seus ingresos, cando non directamente eliminadas as axudas públicas (moi escasas, certamente) que (aínda) recibían por parte da Administración. Así, moitos colectivos da plataforma teñen graves dificultades para faceren calquera achega coa que soster as iniciativas que viñamos desenvolvendo.

 

A convocatoria de manifestación para o vindeiro 17 de maio orixina uns novos gastos que non nos é posíbel asumir sen ingresos que garantan cousas tan básicas como a edición de novos materiais que axuden a difundir a convocatoria, a loxística da propia manifestación, etc.

 

Pedímosche o teu apoio económico, sabendo do teu compromiso coa causa da lingua que nos une: facémolo sabendo que son tempos complicados para todas e para todos. Por iso, máis do que unha gran cantidade, sérvennos moitas cantidades pequenas; o que cada persoa puider achegar. E o máis importante: que nos axudes a difundir este pedimento entre todas as persoas da túa contorna que compartan a preocupación polo futuro do galego. Pensa que se 100 persoas poñen 10 € xa temos unha cantidade importante; se esa mesma cantidade a puxeren 1.000 persoas, xa teriamos case todos os ingresos que precisamos. 

 

Podes facer a túa achega a través do número de conta 2100 5753 01 02 00053054, de La Caixa. Rogámosche que indiques no concepto “Achega individual 17 de maio de 2012”. Co teu apoio dáslle forza á nosa lingua e ao movemento cidadán que a defende.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis