Noticias da Mesa

A Xunta é o primeiro goberno autonómico do Estado que recorre aos tribunais para que o seu idioma propio estea máis desprotexido

Carlos Callón: “Insulta a intelixencia de calquera que nos digan que gañaron as sentenzas e que, ao mesmo tempo, as van recorrer”.

A Xunta tira diñeiro de todas e todos para atacar o noso idioma nos tribunais, cando a súa obriga é defender a nosa lingua e a nosa cultura.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Mesa pola Normalización Lingüística, a primeira entidade que recibiu unha sentenza favorábel ás súas teses no recurso perante o TSXG polo decretazo contra o galego, considera “obscenos” os argumentos utilizados pola Xunta para os seus recursos perante o Tribunal Supremo. A Mesa recorda que, aínda que houbo gobernos noutras comunidades do Estado que si practicaron nalgún momento políticas contra as súas linguas (como os de Navarra ou Valencia), a Xunta de Feijóo é “o primeiro goberno autonómico que recorre aos tribunais para conseguir unha maior desprotección para o seu idioma”.

 

O presidente da Mesa, Carlos Callón, apunta ademais que “está á vista de todo o mundo que temos un presidente que é mentireiro compulsivo”, pois “insulta a intelixencia de calquera que se nos diga que gañaron as sentenzas e que, ao mesmo tempo, as van recorrer”. “Ha de ser a primeira vez na historia que alguén recorre sentenzas que di que gañou!”, ironiza.

 

As varias sentenzas do TSXG anulan por ilegais os núcleos do decreto do plurilingüismo e o cerne do discurso do PP sobre a presenza dos idiomas no sistema educativo. Así, o decreto en vigor é un “decreto zombi”, posto que, aínda que continúa en vigor, “en realidade está xa morto xuridicamente, igual que estaba xa morto socialmente e pedagoxicamente”, pois é unha norma “sen apoios na comunidade educativa e considerada unanimente como inservíbel desde o ámbito da pedagoxía”.

 

A Mesa lamenta tamén que “nun momento como o actual, en que tan necesaria é a cohesión social de Galiza, a aposta da Xunta sexa destruír a nosa cultura todo o posíbel, mesmo malgastando diñeiro público nese obxectivo, como está a acontecer agora cos seus recursos ao Tribunal Supremo”. No entanto, a asociación asume que “dará a batalla en todos os ámbitos que for preciso para defender o galego na escola”.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Cookies de amesa.gal

Usadas para nativamente pola plataforma Wordpress e tamén polo plugin de control do RXPD.

__atuvc, __atuvs, gdprprivacy_bar, gdpr[allowed_cookies], gdpr[consent_types], wordpress_logged_in_{hash}, wordpress_sec_{hash}, wordpress_test_cookie, wp-settings-1, wp-settings-3, wp-settings-time-1,

Cookies de addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

BKIgnore, loc, mus, na_id, na_tc, optout, ssc, uid, uvc, xtc

Cookies de s7.addthis.com

Usadas pola plataforma que permite compartir os contidos da web nas redes sociais.

ups

Cookie de browser-update.org

Usada para coñecer se a visitante está a usar un navegador obsoleto (IE6, por exemplo) e mostra un aviso.

__cfduid

google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

1P_JAR, APISID, CONSENT, GMAIL_RTT, GOOGLE_ABUSE_EXEMPTION, HSID, NID, S, SAPISID, SID, SIDCC, SSID

www.google.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

GoogleAccountsLocale_session, _ga, _gid, _gmb_ga_test

gstatic.com

Usadas para diversas funcionalidades de Google que usa a web.

CONSENT, NID

twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

__utma, __utmc, __utmz, _ga, _gid, _twitter_sess, ads_prefs, auth_token, cookie_warning, csrf_same_site_set, dnt, eu_cn, external_referer, gdpr_lo, guest_id, kdt, netpu, personalization_id, remember_checked_on, syndication_guest_id, tfw_exp, twid, twitter_ads_id

syndication.twitter.com

Funcionalidades do twitter nesta web.

lang