ABERTOS AO GALEGO.- 1D2 Arquitectos ofrece un servizo de asesoramento sobre a legalización de edificacións sen licenza

Este servizo é ofrecido de balde para socios e socias da Mesa pola Normalización Lingüística e membros de Abertos ao Galego. O prazo para realizar o trámite remata o 20 de abril

1D2 Arquitectos, membros de Abertos ao Galego, ofrece un servizo de asesoramento de balde a membros deste proxecto e da Mesa pola Normalización Lingüística, sobre o proceso e prazos para a adaptación á legalidade das adaptacións realizadas sen licenza en Galiza. Trátase da disposición transitoria 3ª da Lei 2/2012 de edificacións sen licenza. Desde 1D2 Arquitectos conméntannos que o 20 de abril remata o prazo para incorporar legalemente ao patrimonio particular as edificacións realizadas sen licenza, e que existe unha grande desinformación en relación cos trámites precisos e da utilidade e obxectivos desta disposición, pois consideran que é un trámite sinxelo que constitúe unha oportunidade única para recoñecer legalemente o que é de facto unha realidade xa construída. 

 

Para acceder a este servizo de asesoramento que nos ofertan de balde a socios e socias da Mesa e membros de Abertos ao Galego, só é preciso pórse en contacto con 1D2 Arquitectos en jpeino@coag.es e identificarse como tal. 

 

1D2 Arquitectos é unha empresa da Coruña recentemente constitúida, da que son responsábeis Julio Peinó e Marta López. 

 

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra