Abertos ao Galego.- As novidades desta semana das empresas colaboradoras

Edicións Positiva presenta a súa Colección Diversos no Festival de Poesía do Condado e en Vila Nova da Cerveira; hoxe 31 de agosto remata o prazo para publicar no seu concurso de micro-relatos

Estas son algunhas das novidades máis recentes das empresas de Abertos ao Galego, o proxecto da Mesa para a dinamización da nosa lingua no ámbito empresarial:

Edicións Positivas. Presentan a súa Colección Diversos. Este fin de semana (31 de agosto e 1 de setembro) no Festival de Poesía do Condado, en Salvaterra de Miño e o día 22 de setembro na Livraria Porta XIII de Vila Nova da Cerveira, nun acto no que participarán Paula Carballeira, Rosalía Fernández Rial, Samuel L. París, Alfredo Ferreiro e o editor Paco Macías, coa música do grupo De Outra Margem.

– Libraría Aira das Letras. Hoxe 31 de agosto é o último día para publicar relatos para o seu concurso de micro-relatos, que se fallará a comezos de outubro. Aquí podedes ler os relatos publicados: http://airadasletras.com/central/110515wp/categoria/publicacions-amigos/1o-concurso-de-micro-relato-en-galego/

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra