ABERTOS AO GALEGO.- Catálogo de Nadal de Abertos ao Galego

Abertos ao Galego, o proxecto da Mesa pola Normalización Lingüística para a dinamización do galego no ámbito empresarial, publica un catálogo con suxestións de agasallos de nadal.

O obxectivo do catálogo é dar a coñecer a actividade das empresas que forman parte de Abertos ao Galego, e a un tempo pór en valor o consumo de produtos e servizos na nosa lingua. Desde libros ou camisolas até moda, alimentación ou decoración son algunhas das propostas que ofertan, a xeito de exemplo, empresas como Andrómenas, Adegas Durán, A Reixa, Nicetrip ou Ela Diz.

Abertos ao Galego é un proxecto creado pola Mesa para promover e dinamizar a presenza do galego no ámbito empresarial. Na actualidade, máis de 60 empresas participan deste proxecto, que comezou como certificado do uso do galego e que tamén serve como plataforma de colaboración entre as empresas colaboradoras.

O catálogo pódese descargar aquí ou aquí.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra