Noticias da Mesa

Abertos ao Galego.- Nova incorporación: Viveiros Moreira

Viveiro de plantas e árbores de todo tipo en Sillobre (Fene)

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Viveiros Moreira (http://www.viveirosmoreiraweb.es/version-galego.html) é unha empresa familiar que existe desde 1974. Están no concello de Fene, na parroquia de Sillobre, perto da canteira de Reboredo.

 

Son produtores de árbores para xardinería, froiteiras e forestal, camelias (comercializan máis de 500 variedades), etc. Teñen exposición ao público, mais a maior parte das súas vendas son a través da distribución que teñen organizada por toda Galiza, ademais de España e Portugal. Tamén son os distribuidores de fitosanitarios Bayercropsciense para o norte da provinvia da Coruña, que distribúen en comercios, cooperativas e grandes explotacións.

 

Ademais, dispoñen de outros servizos:

  • Mantemento, planificación e realización do xardín. Dispoñen dun equipo especializado na xardinería, o que lles permite realizar case calquera traballo relacionado co mantemento, realización e planificación do xardín (deseño, asesoramento, podas, cortas, instalación de céspede, instalacións de rego de diferentes sistemas, instalación de estanques, tratamentos fitosanitarios, etc);
  • Decoración vexetal de eventos, asesoramento e alugueiro de plantas. Para vodas, presentacións e actos públicos e privados de calquera tipo;
  • Transporte;
  • Plantación.

Por outra banda, son especialistas en camelias. Teñen máis de 1.000 variedades en colección e producen unhas 500 variedades anuais para coleccionistas e profesionais. Levan máis de 30 anos xuntando, clasificando, procurando e importando a importante colección varietal da que agora dispoñen.

 

A respecto do galego, para os responsábeis de Viveiros Moreira é unha elección natural para o funcionamento da empresa, mesmo tendo en conta que unha grande parte do seu traballo é fóra de Galiza, pois é a lingua na que se comunican habitualmente.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis