A Mesa pola Normalización Lingüística

ABERTOS AO GALEGO.- Novidades de Acouga Quiromasaxe e Xerais

Edicións Xerais envíanos información sobre as súas máis recentes novidades e Acouga Quiromasaxe dá conta da súa nova páxina no Facebook

Desde Acouga Quiromasaxe, a máis nova incorporación a Abertos ao Galego, infórmannos de que están a trasladar o seu perfil do facebook a http://www.facebook.com/pages/ACOUGA-Quiromasaxe/222518771099497. Dese xeito, as persoas que se sumen a esta páxina poderán estar informadas dos descontos e sorteos que teñen previstos para o mes de abril.

Por outra banda, Xerais publica na súa colección de Narrativa dous novos volumes: Orlando pendurado, de Goretti Fariña, e Os fillos do mar, de Pedro Feijoo Barreiro.

Tamén queremos lembrarvos que podedes enviarnos as vosas propostas para o Premio Abertos ao Galego. Entre todas as persoas que nos remitan propostas faremos un sorteo dun lote de produtos cedidos polas empresas de Abertos ao Galego. 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra