Noticias da Mesa

ABERTOS AO GALEGO.- Novidades desta semana en Abertos ao Galego

Esta semana, temos varias novidades, como a incorporación de Tórculo e presentacións de libros nas librarías Torga de Ourense e Aira das Letras de Allariz

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

– Desde esta semana, forma parte de Abertos ao Galego a empresa compostelá de artes gráficas Tórculo. Nuns días nos presentarán o seu proxecto MeuBook

– Presentación este venres 20 na libraría Torga de Ourense (Rúa da Paz, 12) do libro de José Manuel Barbosa, Bandeiras da Galiza. Ás 19.30 horas.

– Presentación na libraría Aira das Letras dos últimos libros de Antón Riveiro Coello. O sábado 21 ás 20.00. Trátase dos libros O paso do esquecemento (libro infantil editado polo Centro da Cultura Popular do Limia) e Laura no deserto (novela editada por Galaxia).

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis