Abertos ao Galego presenta o catálogo de Nadal 2014

Abertos ao Galego, conformado por empresas que apostan pola lingua galega nas relacións económicas, dá a coñecer o seu catálogo de Nadal con ideas de presentes para estas festas.

Tras a excelente acollida que recibiron estes catálogos nos anos 2011, 2012 e 2013 as empresas de Abertos ao Galego diríxense novamente a todas a galegas e todos os galegos que aman a nosa lingua para que poidan coñecer mellor a oferta que hai no idioma de noso para poderen facer agasallos, desde libros e pezas de vestir até bonos de masaxes ou electrodomésticos ou por outras moitas cousas interesantes.

Este catálogo terá sobre todo a súa vida en internet, nomeadamente a través das redes sociais, no seguinte enderezo: http://issuu.com/abertosaogalego/docs/catalogo_abertos_2014

Consumo responsábel co galego

Esta publicación ten na súa primeira páxina un decálogo con Razóns para apoiarmos un consumo responsábel co galego, no cal se lembra que todas as decisións que tomamos como consumidoras e consumidores teñen implicacións e que as empresas que apostan polo galego fano dun xeito consciente, cunha aposta polo propio, pola calidade e pola proximidade. Así, asumir un consumo responsábel co galego é tamén apoiar empresas que asumen a súa responsabilidade social.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra