A Mesa pola Normalización Lingüística

Acción reivindicativa en defensa do galego na Coruña

Esta terza feira (martes) ás 18 horas a plataforma cidadá Queremos Galego da comarca da Coruña convoca unha acción reivindicativa simbólica na Praza de María Pita, ao pé da Casa do Concello. O acto consistirá na formación dun “mosaico humano” na praza so o lema “Os 365 días do ano QUEREMOS GALEGO“.

Con esta pequena acción simbólica, que sen dúbida non será a única nos próximos tempos, a estrutura coruñesa de Queremos Galego quere contribuír a difundir socialmente a convocatoria da manifestación nacional que o vindeiro 17 de maio ateigará de voares de esperanza as rúas e os ceos de Santiago de Compostela e os de toda a patria da lingua que nos une.

A plataforma escolle este espazo, tamén, a xeito de denuncia da política de constantes ataques contra a nosa lingua e contra a nosa cultura que o goberno municipal presidido por Carlos Negreira está a realizar desde que tomou posesión: un desmantelamento dos avances logrados nos últimos anos que fai retroceder a cidade a etapas en que o galego carecía, na práctica, de calquera estatuto de oficialidade na vida institucional do Concello e en que a cultura galega estaba expulsa por decreto da vida pública coruñesa.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra