Acto na Coruña. Liberdade para o galego? Presente e futuro da lingua

A Mesa pola Normalización Lingüística organiza un acto público na Coruña para debater sobre o presente e o futuro da lingua galega. No acto detallaranse os datos recentes do Instituto Galego de Estatística nos que se constata a dificultade que existe en Galiza para poder vivir libremente en galego ou onde se confirma que a lingua propia ten cada vez menos uso entre a mocidade.

O acto decorrerá o vindeiro 22 de xaneiro, ás 20:00h no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, nº 16, 1º. A Coruña)

Contaremos coa participación de María Xosé Bravo, presidenta da A.C. Alexandre Bóveda, Xela Armas, directora de Abertos ao Galego e Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra