Noticias da Mesa

Acto público: Por un compromiso real e efectivo co Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega

Queremos Galego! convoca un acto esta cuarta feira, 22 de outubro, ás 11.00 h diante do Parlamento de Galiza

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

A Secretaría Xeral de Política Lingüísitica anunciou para a Cuarta Feira 22 de outubro ás 11h, un acto no Parlamento Galego para “conmemorar” os 10 anos do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega.

Que un goberno como o actual se atreva a celebrar os dez anos deste Plan, cando nos últimos cinco anos se dedicou a incumprilo abertamente e a desmontalo, é un acto de humillación a todas as persoas que defendemos a nosa lingua ao que Queremos Galego dará resposta.

Por iso a cuarta feira 22 de outubro ás 11.00 h, estaremos alí denunciando o desmantelamento do Plan e a política antigalego que aplica este goberno, a través da lectura dun manifesto que posteriormente será entregado no Parlamento dirixido a todos os grupos parlamentares.

10 anos despois da aprobación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, cando a Xunta se permite celebrar coa arrogancia que a caracteriza este aniversario, cando o número de falantes de galego se reduce ano a ano, cando na realidade cotiá o galego non é realmente lingua oficial no seu propio territorio, reclamamos do goberno galego:

–    Que retorne ao consenso de 2004 e cumpra coa obriga de potenciar a lingua galega.

–   Compromiso explícito e efectivo co PXNL e actuacións lexislativas que desenvolvan o contemplado nas medidas do PXNL.

–   Posta en marcha inmediata das medidas contempladas no PXNL, coa aprobación dun calendario que comprometa fases, prazos de execución, etc.

–   Derrogación de todas as disposicións legais contrarias ao PXNL nomeadamente do Decretazo 79/2010 contra o galego, e as relacionadas co ensino e coa administración.   

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis