Noticias Noticias da Mesa

Amplíase até abril a recollida de apoios á iniciativa popular Xabarín para mellorar a programación infantil e xuvenil en galego

A Mesa pola Normalización Lingüística anuncia que o Parlamento aumentou até o 2 de abril o prazo para as persoas interesadas asinaren os pregos oficiais en estabelecementos de toda Galiza

Compostela, 13 de xaneiro de 2021.- A Mesa pola Normalización Lingüística anuncia a ampliación até a sexta feira (venres) 2 de abril da recollida de sinaturas para a Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular ao Parlamento de Galiza para instar ao goberno galego a tomar as medidas precisas para que a CRTVG aumente a oferta en galego destinada á infancia e á mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”, con programación atractiva, actual, educativa e de produción galega dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas dixitais, así como nunha App actualizada para todos os dispositivos e que conte ademais con programas e xogos.
As persoas interesadas en amosar o seu apoio, poden asinar os pregos oficiais en ducias de estabelecementos de toda Galiza. Hai un mapa na rede que permite elixir os máis axeitados para cada quen (ligazón). A proposta instar o goberno de Feixoo a adoptar as medidas e accións precisas para garantir a opción dobrada e lexendada ao galego nas plataformas dixitais e a TVE a emitir con opción dobrada ao galego todos os contidos da súa canle infantil e xuvenil e da súa App para o público infantil. O goberno galego deberá tamén adoptar as medidas necesarias que permitan a recepción mutua RTP – TVG en Galiza e Portugal segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias.

A proposta insta o goberno de Feixoo a adoptar as medidas e accións precisas para garantir a opción dobrada e lexendada ao galego nas plataformas dixitais e a TVE a emitir con opción dobrada ao galego todos os contidos da súa canle infantil e xuvenil e da súa App. O goberno galego deberá tamén adoptar as medidas necesarias que permitan a recepción mutua RTP – TVG en Galiza e Portugal segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minorizadas.A Proposición Non de Lei de Iniciativa Popular é un dos mecanismos contemplados na lexislación galega para a participación popular no impulso da acción de goberno para o que é preciso reunir un mínimo de sinaturas que serán debidamente certificados pola Xunta electoral. É, por tanto, un proceso máis complexo que a recollida de sinaturas que acadou no seu momento 15000 apoios na web, mais tamén con maiores garantías de trámite parlamentar sempre que se reuniren o mínimo de 2500 sinaturas fixado pola lei.

A Mesa considera alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego. E recorda que é convinte actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, recuperando os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. “É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza”, critica Maceira, “aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG”.

Xa a finais de 2019, unha campaña capitanaeada por A Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación profisional de actores e actrices da dobraxe de Galiza (APRADOGA) e a Asociación Galega de Profesionais da Tradución e interpretación (AGPTI) pedía á Xunta de Galiza que facilite o lexendado e a dobraxe en galego dos filmes e series que ofertan as principais plataformas de contidos audiovisuais dixitais, tal e como fan os gobernos  vasco e catalán dende hai anos. A campaña reclamáballe á Xunta de Galiza que se sumase ao acordo con Movistar+ dos gobernos vasco e catalán para o lexendado e a dobraxe dos filmes e series; establecendo acordos coas principais plataformas dixitais para a incorporación de lexendado en galego e da dobraxe dos filmes e series dos que xa dispón a CRTVG; e fixando unha dotación orzamentaria que permita cumprir eficazmente co estabelecido no artigo 20.1 da LNL.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis