Noticias da Mesa

As novidades de Abertos ao Galego: catro novas incorporacións ao proxecto e máis noticias das empresas colaboradoras

Catro novas empresas forman parte de Abertos ao Galego desde esta semana: Dual s.t, Vila Pingüín, Lúcete Lecer e Gran Colmado; Ela Diz renova escaparate e horarios; novidades de Edicións Xerais; descontos en Como unha novela para a volta á escola; Aira das Letras colabora na organización dunhas xornadas infantís e abriu as votacións do seu concurso de relatos

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

– Desde esta semana temos con nós catro empresas máis en Abertos ao Galego. En breve informaremos máis sobre elas

Dual s.t., unha empresa de iluminación e son de Curtis,

Lúcete Lecer, empresa de animación e tempo libre de Ourense,

Vila Pingüín, tenda de comics de Ourense,

Gran Colmado, tenda de alimentación de Ourense.

 

Ela Diz, a tenda de moda e complementos de muller (Praza de Fuenterrabía, Santiago de Compostela) abre de novo con novas coleccións, novo escaparate e horario ampliado: http://eladizcompostela.wordpress.com/2012/09/03/escaparate-outono-2013/

 

Edicións Xerais preséntanos as súas máis recentes publicacións: A narrativa xuvenil a debate (2000-2011), da Red Temática de Investigación “LIJMI”, Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro, de Ramón Nicolás, Castelao na Unión Soviética en 1938, de Xesús Alonso Montero e da colección de narrativa En vías de extinción, de María Reimóndez, Sarou Louzós, de Ramón Caride e Gran tiburón branco, de Samuel Solleiro

 

– A libraría Como unha novela, da Laracha, quere colaborar coa “volta ao cole” dos seus clientes e clientas. Por iso, durante todo o mes de setembro farán un 5% de desconto en todos os artigos de material escolar.

 

– A libraría Aira das Letras, de Allariz, colabora co Ateneo Libertario e a Asociación Puzzle, na organización dunhas xornadas infantís no mes de outubro, nas que se inclúen xogos e actividades diversas. Os veciños que o desexen poden achegar os seus xoguetes usados ao local do Ateneo, na Rúa Castelo 10. Recolleranse ata o día 28 de setembro, os martes, mércores e venres de 19:00 a 20:00 h, e os xoves de 13:00 a 14:00 h. Ao remate destas xornadas, farase un sorteo dos xoguetes recollidos para  todos os nenos e nenas participantes nas actividades. Ademais, Aira das Letras agasalla un vale desconto de 1 €, para calquera compra na libraría, a cada neno que leve xoguetes.

Por outra banda, informan de que xa é posíbel votar no seu concurso de relatos. Aquí tedes máis información. 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis