As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Últimas novidades de Edicións Xerais; Amarante coorganiza a presentación do documentario Con tu dinero; novidades do Club Kiriko da man da libraría Aira das Letras

Edicións Xerais informa das súas últimas novidades editoriais: da colección Merlín, As palabras do silencio, de Ánxela Gracián, O gato fantasma, de Xelís de Toro e O merlo de ferro, de Antón Cortizas; da súa colección de infantil e xuvenil Reckless. Vida nas sombras, de Cornelia Funke, Os sabuxos entran na casa do pé esquerdo, de Jaureguizar; da colección de obras de referencia Feminismos, de Olga Castro e Trastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza, de Antón Cortizas.

Amarante, en colaboración con outras entidades (Fiare Galiza, Adicae, Coop57 e AIS O Peto), organiza a presentación e proxección do documentario Con tu dinero. A proxección contará coa presenza do seu director, Iker Espúñez nas cidades de Vigo e Pontevedra. Despois da proxección haberá unha charla-coloquio con responsábeis de Amarante Setem, Fiare Banca Ética e máis representantes de COOP 57, AIS O Peto e Adicae, na que poderá participar todo o público asistente.

DATAS E LUGARES DA PROXECCIÓN

A entrada será libre até completar aforo.

– Compostela: 16 de abril (19h) Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC.

– Vigo: 17 de abril (19:30h) Centro Cívico de Teis, Rúa Camiño Maceiras s/n.

– Pontevedra: 18 de abril (20h) Teatro Principal, Rúa Paio Gómez Chariño 6.

– A libraría Aira das Letras de Allariz informa da programación para este sábado dentro dos actos que organiza o Club Kiriko

  • Ás 11:00h. obradoiro de man (impartido por Jose Corderí) para nen@s de 5 ou máis anos. Os interesados/as teñen que reservar, pois as prazas son limitadas. Os neno/as teñen que levar barra de pegamento, tesouras e rotuladores. Para participar é preciso estar dados de alta no clube.
  • Ás 12:30 h. o prestixioso autor de literatura infantil e xuvenil Gonzalo Moure, traballará sobre a animación á lectura a través do seu libro “Cama e Conto”. Esta actividade é aberta e non precisa reserva previa. O mesmo autor, o día anterior, dará unha charla no Fogar dos Maiores-ás 19:30h.- sobre o proxecto Bubisher (proxecto solidadio de bibliotecas e bibliobuses para os campos de refuxiados saharauis).

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra