Noticias da Mesa

As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Incorporación da Casa de Xantar A Tafona; curso de hortos urbanos en Alvarella Ecoturismo; puntos de venda do primeiro volume das Obras Completas de Vidal Bolaño, de Edicións Positivas; Amarante co-organiza o ciclo Coñecer para cambiar

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

– Esta semana damos a benvida ao restaurante A Tafona, na rúa da Virxe da Cerca, de Santiago de Compostela. 

– Alvarella Ecoturismo organiza para os días 23 e 24 de febreiro o Curso de Hortos Urbanos: A horticultura ecolóxica en balcóns, terrazas e pequenos hortos, que se celebra no seu albergue. Cun prezo de 65€ por persoa, inclúe o curso e o aloxamento con pensión completa do sábado 23 e o xantar do domingo 24. Podedes consultar o programa en www.alvarella.org.

Edicións Postivas xa ten á venda o primeiro volume das Obras Completas de Roberto Vidal Bolaño. Podedes mercalas aquí:

A CORUÑA: Couceiro (Praza do Libro) / Lume / Nova Colón / Sisargas / Suévia / Xiada.

A GUARDA: Atlántica

ARTEIXO: A Lus do Candil

BERTAMIRÁNS: Lenda / Mainomen

BUEU: Abrente

CAMBRE: A Libreira

CANGAS DO MORRAZO: A Esmorga / Maraxe

CARBALLO: Brañas

FERROL: Central (Real)

LUGO: Trama

MOAÑA: O Pontillón

MONFORTE: Agrasar

MUROS: Sementeira

NARÓN: Day

NOIA: Sementeira

O BARCO DE VALDEORRAS: Murciego

OURENSE: Torga

PONTEVEDRA: Paz

PORRIÑO: Paz

RIBADEO: Casa das Letras

SANTIAGO: Ártico Quiosco / Couceiro / Follas Novas / Pedreira / Sargadelos / Positivas

VERÍN: Pica Pica

VIGO: Andel / Cartabón

VIVEIRO: Porta da Vila

– A AAVV A Xuntanza, Amarante e Verdegaia presentan o ciclo de cinema “Coñecer para Cambiar”, que este ano contará coa primeira edición do concurso de curtas “Filmar para cambiar”. Comeza o próximo mércores día 20 de febreiro e todas as proxeccións do ciclo terán lugar o terceiro mércores de cada mes desde febreiro até maio no local da Asociación Veciñal A Xuntanza (Corredoira das Fraguas, 37) ás 20h.

Ademais, este ano os colectivos organizadores dan inicio á primeira edición do concurso de curtas “Filmar para Cambiar”. Até o 30 de abril as persoas interesadas en participar poderán enviar as súas curtas, que serán proxectadas no derradeiro día do ciclo, o 22 de maio. A curta gañadora do concurso será elexida  ese mesmo día por votación do público.

Podedes consultar as bases do concurso na páxina de Amarante: www.amarantesetem.org.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis