Noticias da Mesa

As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Nova incorporación: Cafécongotas – Comunicación Visual; novidades de Edicións Positivas, Pizzbur e Baía Edicións

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

– Damos a benvida a unha nova empresa que se incorpora a Abertos ao Galego: Cafécongotas – Comunicación Visual, unha empresa de deseño gráfico e web: http://www.amesanl.org/gl/novas/amosar/id/388

– Desde Edicións Positivas lembran que teñen en marcha unha campaña de subscricións á Obra Completa de Roberto Vidal Bolaño,  que supón o aforro dun dos seis tomos. Pódese recibir máis información en positivas@edicionspositivas.com ou no teléfono 981553051.

– Desde Pizzbur cóntannos que no seu restaurante As Tixolas están a facer as xornadas do cocido con pratos coma sopa de cocido, cocido completo, chosco con repolo, lacon con grelos e  croquetas de cocido. Os socios e socias da Mesa teñen un 10% de desconto no xantar ou na cea.

Baía Edicións preséntanos as tres últimas publicacións da colección Meiga Moira de Literatura infantil e xuvenil, entre as que se encontra a gañadora do V Premio Meiga Moira  2012, Bandeiras negras, de Ana María Galego Gen (e con ilustracións de Cristal Reza). Tamén publican A neve e o lume, de Chelo Suárez (con ilustracións de Carlos Silvar) e O segredo do lagarto arnal, de Andrea Maceiras (con ilustracións de Noemí López Vázquez).

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis