Noticias da Mesa

As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Nova empresa en Abertos ao Galego: Caxer Madeira; a Granxa O Cancelo ten un novo punto de venta do seu leite na Coruña; magosto en Nicetrip; novidades de Aira das Letras

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nova incorporación. Desde esta semana, temos en Abertos ao Galego unha nova empresa: Caxer Carpintería, unha empresa da Coruña que fabrica pezas de madeira (portas, armarios, cociñas, mobles de baño, parquets, etc). En breve falarémosvos máis do seu traballo, mais polo momento deixámosvos a súa páxina web: http://caxercarpinteria.com/qs-cg.html

Granxa O Cancelo. Novo punto de venda do seu leite na cidade da Coruña, a Panadería Tahona en Matogrande. Para aquelas persoas que viven lonxe do centro da cidade, agora poden atopar o leite da Granxa O Cancelo na rúa Enxeñeiro Yordi Carricarte nº 3, no dispensador da panadería. Pódese levar a botella da casa ou mercala alí. Ademais, utilizan o leite da Granxa O Cancelo para a elaboración da súa repostería. 

Magosto en Nicetrip, hoxe venres 26 de 21 a 24 horas, con entrada libre. Farán un rastro de restos de tempada a prezos ridículos, pois precisan facer sitio para a campaña de nadal. Ademáis prometen sorteos e sorpresas

Aira das Letras. Informan de que xa teñen á venda o novo libro da Cociña dos Larpeiros, que se presentará en Allariz coa presenza do autor. Teñen tamén unha oferta de libros de gran formato da editorial Nigratea, que rebaixou varios títulos a 15€ (Los espacios naturales de Galicia, Castelos e fortalezas de Galicia, Galicia nai e señora, Pazos de Galicia e Por los caminos del viejo Miño. Ademais, este mes de outubro Aira das Letras fará un desconto do 20% en todos os puzzles.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis