Noticias da Mesa

As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Tórculo: desconto en MeuBook até finais de outubro; Aira das Letras participa na organización da Festa do Libro Galego en Allariz; novos produtos na Cova da Terra

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

MeuBook de Tórculo, oferta un desconto de 10€ ou un álbum 15×21 de balde utilizando o código 3GR4CUHB35 na súa web con calquera compra que se faga até o 31 de outubro. http://www.meubook.com/mod/mbcreator/pages/photoalbum_popup.php

– A libraría Aira das Letras de Allariz participa na organización da segunda Festa do Libro Galego de Allariz, que se celebrará os días 12, 13 e 14 de outubro. Contarán coa presenza de autores como Teresa Moure ou Miguel Anxo Fernández e coa presentación de varios libros. Os organizadores, ademais de Aira das Letras, son a Fundación Anselmo Lorenzo e a Fundación Vicente Risco.

– A tenda de comercio xusto, ecolóxico e galego de Lugo A Cova da Terra, fainos chegar as súas últimas novidade. Xa teñen á venda o xornal Sermos Galiza, mais teñen tamén novidades da marca Porto Muíños, como algas en pó, preparados para galletas e tortas de produción ecolóxica, salsa chimi churri, saladas de algas, tallaríns con leituga de mar e wakame. Outra novidade é da marca Algamar, a Alga instant (ondimento de algas en pó para uso instantáneo) e unha nova variedade de cervexas Menduíña, a Edición Especial Aniversario da cervexa Barda (estilo Pale Ale). Por outra banda, teñen tamén como novidade Artexana, un xabrón artesán multiusos feito en Aranga, cen por cen galego, ecolóxico e artesanal.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis