As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Nova incorporación: Dimensiona; Baía Edicións falla o seu premio literario Meiga Moira, Edicións Positivas publica a obra completa de Roberto Vidal Bolaño, Edicións Xerais envíanos as súas últimas novidades, Vila Pingüín organiza a presentación de Retorno a Ravnica, Aira das Letras remata o seu concurso de micro-relatos, Amarante organiza o Encontro sobre a Débeda

– A consultoría tecnolóxica Dimensiona incorpórase a Abertos ao Galego

Baía Edicións. Ana María Gallego Gen gaña o 5º Premio Meiga Moira 2012 de Literatura Infantil-Xuvenil convocado por Baía Edicións. O xurado, formado polas escritoras Marica Campo e Andrea Maceiras, gañadora da edición anterior, a profesora de ensino medio na Coruña Dores Fernández López, o ensaísta e profesor da UDC Carlos–Paulo Martínez Pereiro, que actuou de Presidente, e a directora editorial de Baía Edicións, María Belén López Vázquez, como secretaria, resolveu conceder por unanimidade o 5º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil-Xuvenil á da escritora ferrolá Ana María Gallego Gen, que leva como título Bandeiras negras e proposta para o tramo de idade de 12 a 16 anos.

– Edicións Positivas anuncia a publicación da Obra completa de Roberto Vidal Bolaño (Día das Letras Galegas 2013)

Edicións Xerais remítenos información das últimas novidades que enviaron ás librarías:
Da colección Narrativa Como en Alxeria de Xosé Ramón Pena 

Da colección Fóra de Xogo O corazón de Xúpiter de Ledicia Costal e Eu, pel de Teresa González Costa

Da colección Merlín Señor Meco de Mar Guerra, Malos tempos para fantasmas de Agustín Fernández Paz e O aroma de liquidámbar de An Alfaya

– Vila Pingüínde Ourense organiza a presentación da nova colección de Magic: The Gathering, Regreso a Ravnica. A presentación consistirá nun torneo de mazo sellado moi especial, xa que cada participante terá que elexir un gremio de Ravnica para poder xogar. Cada xogador, só por participar, obterá unha promoción especial dependendo do gremio que escolla, que poderá usar na súa baralla. A inscrición será de 20 € no mesmo día na Casa da Xuventude de Ourense. Haberá límite de prazas até 24 participantes e poderédevos inscribir antes por correo electrónico, por teléfono ou por Facebook

– Desde a libraría Aira das Letras informan de que o 30 de setembro remata o prazo para votar no seu concurso de micro-relatos. Podedes participar aquí.

Ademais, teñen entradas para a proxección de Cataluña-Espanya que terá lugar hoxe (venres 28) ás 20.30 na Fundación Vicente Risco. Ao remate da proxección haberá un diálogo con Isona Passolas, directora e co-guionista do filme.

– Amarante organiza xunto con ARELA o Encontro sobre Débeda, para afondar neste tema e coñecer o traballo dos distintos colectivos e estratexias ás portas do rescate do estado español. Celébrase o próximo sábado 6 de outubro, de 10 a 14 horas, no local da Asociación Veciñal A Xuntanza – Bairro de San Pedro (Corredoira das Fraguas, 37 baixo), en Santiago de Compostela. 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra