As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Nova empresa en Abertos: Granxa O Cancelo; Gran Colmado oferta un 5% de desconto a socios e socias de Ourense; Ilustración de Miguel Robledo en Aira das Letras; Edicións Positivas publica Contos de África; concerto no Café Cultural Auriense; Englishpanish en Chicago

Gran Colmado, tenda de alimentación de calidade de Ourense (rúa das Tendas), oferta un desconto dun 5% a socios e socias da Mesa. Para poder acceder ao desconto só tedes que mostrar o voso carné da Mesa.

Aira das Letras, a libraría de Allariz, preséntanos unha ilustración de Miguel Robledo que poñen á venda en formato 60×40. O prezo é 10 euros, e as 50 primeiras levan de agasallo 3 postais do autor.

Edicións Positivas publica Contos de África, unha escolma de contos tradicionais africanos por Onofre Sabaté

No Café Cultural Auriense o luns 17 organizan un concerto de The Cynics, desde Pittsburg, un grupo de garaxe punk. As entradas custan 10€ en venda anticipada e 12€ na billeteira. Pódense comprar en Lobisome, Peggy Records, Kirsch e no propio Auriense.

Os responsábeis de Englishpanish, a axencia de tradución, estiveron en Chicago estreitando lazos con dúas axencias de tradución punteiras dos EEUU que aportarán un extra de calidade ás súas traducións ao inglés estadounidense e ao español americano. Englishpanish traballa en todos os continentes, con orgullo de seguir crecendo internacionalmente apostando polo galego.

Esta semana incorpórase a Abertos ao Galego a Granxa O Cancelo, de Miño, produtores de leite de calidade e xeados artesáns.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra