Noticias da Mesa

As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Patasdepeixe, Englishpanish, Biblos Clube de Lectores, Aira das Letras, Edicións Xerais, A Tafona Casa de Xantar

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

– damos a benvida a Patasdepeixe, unha editora independente da que vos daremos máis información nos próximos días. Polo momento convidámosvos a que visitedes a súa páxina www.patasdepeixe.com 

– A axencia de tradución e contidos/deseños multilingües, Englishpanish, vén de celebrar a súa II Xira Americana na cidade de Nove York (2th Englishpanish American Recruitment Tour – New York 2013). Tralo éxito da American Recruitment Tour do ano pasado, onde a axencia de co-working galega asinou dous convenios de colaboración con sendas axencias de tradución de Chicago, o responsábel da área de tradutores e intérpretes de Englishpanish, Francisco Borxa, viaxou desta vez á Gran Mazá para concretar varios acordos. En base a eles, a firma de Ferrolterra facilitará servizos de tradución en exclusiva a seis empresas do país norteamericano no eido legal, financeiro e industrial. Francisco subliñou a importancia destes acordos na consolidación exterior da marca galega: “Ao redor do 70% da nosa facturación provén da exportación de servizos no mercado exterior, e desta porcentaxe, case o 20% correspóndese co mercado estadounidense, que segue crecendo polo empuxe do español nese país”.

– Biblos Clube de Lectores achega no número 64 da súa revista (http://www.biblosclube.com/pdf/revista64.pdf) unha manchea de títulos para encher de lecturas este outono. Narrativa, ensaio, poesía, literatura infantil e xuvenil, música e cine dan forma a ampla oferta de contidos que se inclúen neste número do bimestre setembro-outubro. Este abano complétase cunha representación das publicacións recentes de editoras portuguesas, nos xéneros de narrativa e ensaio.

– Aira das Letras xa ten publicados os primeiros micro-relatos (http://airadasletras.com/central/110515wp/amigos-da-libraria/publicacions-amigos-da-libraria/2o-concurso-de-micro-relato/micro-relatos-publicados/) do seu concurso. Podedes participar até o día 30 de setembro. 

– desde Edicións Xerais chega información das súas máis recentes publicacións. Da Colección Referencia, Historia da Literatura Galega. Tomo I. Das orixes a 1853 de Xosé Ramón Pena; da Colección Narrativa, O bosque e grande e profundo de Manuel Darriba; da Colección CrónicaPontevedra nos anos do medo de Xosé Álvarez Castro, da Colección Fóra de Xogo; Todos somos de Marcos Calveiro e Irmán do vento, de Manuel Lourenzo González; da Colección Megatoxos, Os Megatoxos e os Templarios da Luz de Anxo Fariña; da Colección Pequeno Merlín, O pequeno Mago de Roque Cameselle.

A Tafona Casa de Xantar (Virxe da Cerca, 7, Santiago de Compostela) renova a súa páxina web: http://www.restauranteatafona.com/. 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis