As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Biblos, Aira das Letras, Ela Diz, Libraría Pedreira e Xerais

– a libraría Biblos acolle hoxe venres 13 de setembro a presentación do libro As Crónicas de Bran, Volume 1. A revolta dos mestres, de Xosé Duncan, ás 20.00 horas. Biblos está na rúa Santiago, 4 (Betanzos) Mañá sábado, terán a Xavier P. Docampo como contacontos ás 12.30.

– Aira das Letras xa está a preparar as bases do segundo concurso de micro-relatos e en breve colocarán toda a información na súa web. Por outra banda, xa recibiron o libro do primeiro concurso, O Xigante de Magarelos. O libro contén, ademais dos 30 relatos, 11 ilustracións achegadas por artistas alaricanos. Os beneficios da publicación serán para a asociación Puzzle.

– Ela Diz envíanos as últimas novidades que recibiron e que xa teñen dispoñíbel na súa tenda da Rúa Nova de Compostela. Neste caso, trátase de complementos feitos por dúas redeiras de Corme, Rosa e María Jesús http://eladizcompostela.wordpress.com/2013/09/11/as-redeiras-de-corme/

– Libraría Pedreira acolle a presentación de Estilística da Lingua Galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato e editada por Edicións Xerais. No acto, que terá lugar na libraría (Rúa do Home Santo, 55, Santiago de Compostela) o xoves 19 de setembro ás 20.15, participarán, ademais do autor, Goretti Sanmartín Rei, Xosé Manuel Sánchez Rei e Manuel Bragado.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra