As novidades desta semana das empresas de Abertos ao Galego

Esta semana damos a benvida a Biblos; estreamos desconto de Galileo Nenos a socios e socias da Mesa; presentamos Abertos ao Galego en Allariz, coa colaboración da libraría Aira das Letras, que tamén comeza a súa campaña de libros de texto; novidades de Edicións Xerais

Biblos Clube de Lectores incorpórase a Abertos ao Galego. Biblos é un clube de lectores que edita unha revista bimestral, coas principais novidades  -Unha revista bimestral de 36 páxinas a toda cor, con información sobre as novidades editoriais, musicais e filmográficas galegas e de Portugal;

Galileo Nenos ofrece desde esta semana un desconto do 10% para socios e socias da Mesa que compren os seus produtos a través do seu sitio web. Para gozar do desconto, o cliente terá simplemente que, en lugar de efectuar a compra online como se indica, enviar un correo a pedidos@galileonenos.com, identificándose como membro da Mesa e facendo o seu pedido. O cobro da mercadoría efectuarase en metálico á entrega. Aquí podedes consultar todos os descontos que as empresas de Abertos ao Galego ofertan a socios e socios da Mesa pola Normalización Lingüística: http://www.amesanl.org/gl/abertosaogalego/Descontos_Abertos_ao_Galego;

Aira das Letras organiza para hoxe unha presentación de Abertos ao Galego en Allariz, na que tamén presentará Carlos Callón o seu libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Ademais, Aira das Letras abre as reservas de libros de texto para o próximo ano. Anuncian un desconto dun 10% para os libros de Educación Obrigatoria;

Edicións Xerais envía información das súas máis recentes novidades editoriais: O anxo de Eva de Marina Mayoral, Os xornalistas utópicos de Manuel Veiga, A Galicia máxica de García Márquez de Carlos G. Reigosa, Inmateriais de Suso de Toro Manuel Lueiro Rey (1916-1990) A liberdade ferida. (Coord. Ramón Nicolás), Flor de area de Manuel Lourenzo González, Endogamia 0.2 de Ramón Caride, Un rato díxolle á lúa de Antonio García Teijeiro, Marcopola 2. Os pirata das Lúa de Jacobo Fernández Serrano.

 

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra