Noticias da Mesa

As novidades desta semana de Abertos ao Galego

Baía Edicións, Aira das Letras e Sermos Galiza, Alvarella, Edicións Xerais, Tórculo e MeuBook e Edicións Positivas

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

– Baía Edicións gañou o premio á Obra Editorial do Ano polas Guías da Natureza Baía Verde, dentro dos Premios Irmandade do Libro, que outorga a Federación de Libreiros e Libreiras. 

– a libraría Aira das Letras de Allariz convoca un concurso para celebrar o Mes das Letras Galegas. O premio de cada unha das catro modalidades será unha subscrición semestral ao semanario Sermos Galiza. A primeira categoría xógase a través do facebook da Libraría. Gañará a fotografía con tema da lectura de Sermos Galiza que reciba máis “gústame”. A segunda modalidade, a través da web de Aira das Letras, premiará a mellor continuación para a frase “Que pasaría se consolidásemos entre tod@s un medio de comunicación 100% galego?” As outras dúas destinaranse ás persoas que merquen libros en galego durante o mes de maio: unha subscrición para quen resulte gañadora ao adquirir libros no propio establecemento en Allariz e outra para quen o faga a través do servizo de venda que a libraría ten na súa páxina web. Os libros en galego terán, ademais, un 5% de desconto en todo o mes de maio.

– Alvarella organiza o curso “As algas de Galicia. Identificación, gastronomía e fins terapéuticos” os días 11 e 12 de maio. Os participantes farán  unha saída á baixamar nas inmediacións da localidade de Pontedeume o sábado pola mañá. Durante a saída coñecerán a ecoloxía das algas mariñas e traballarán a identificación “in situ” das algas de maior interese. O curso combina sesións teóricas con obradoiros prácticos. Os obradoiros serán de cociña (tradicional e oriental) e de elaboración de cosméticos baseados na talasoterapia. Os asistentes ao curso que contraten a pensión completa degustarán no menú comida con algas. Aos asistentes subministraráselles os apuntamentos e presentacións dixitais en soporte dixital. Podedes ver máis información na súa páxina http://www.alvarella.com/blog/.

– Desde Edicións Xerais envían as súas novidades editoriais: da colección de narrativa, As vidas de Nito, de Xabier Paz, Faneca Brava, de Manuel Portas; da colección Xerais Clásicos, Cantares gallegos de Rosalía de Castro; da súa colección Crónica Propostas para un novo discurso lingüístico, de Valentina Formoso;

– Tórculo ten unha promoción de MeuBook para o Día da Nai: trátase dun libro de fotos, en varios modelos a elexir, que se pode encadernar con tapas duras ou brandas. A oferta inclúe os gastos de envío e un 30% en todos os formatos. A promoción é válida até o 5 de maio de 2013.

– Edicións Positivas organiza para hoxe venres 3 de maio ás 20.00 na Alameda compostelá, diante da estatua de Valle Inclán, unha lectura de textos de Roberto Vidal Bolaño, para presentar a súa edición das obras completas deste autor en Santiago de Compostela. É unha lectura aberta, na que pode participar quen quixer.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis