Noticias da Mesa

As novidades desta semana de Abertos ao Galego

Novidades editoriais de Xerais, Día de Rosalía en Aira das Letras, oferta de MeuBook e menú da Tafona

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

– Edicións Xerais enviou, ou está enviando, ás librarías neste mes de febreiro:             

– Da colección Crónica Amada liberdade, de Fernando Pérez-Barreiro Nolla,             

– Da colección Un misterio para Tintimán: Amor de Serea. Un misterio para Tintimán en Vigo de Jaureguizar,             

– Da colección Xabaril: Marcovaldo ou as estacións na cidade de Italo Calvino e Sherlock Holmes, detective de Arthur Conan Doyle             

– Da colección Narrativa A vitoria do perdedor de Carlos G. Reigosa e Winnipeg de Hixinio Puentes. 

Tamén están lanzando a campaña de pre-publicación de Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos tradicionais, da que podedes atopar máis información en http://blog.xerais.es/destacados/chega-tastarabes/

– A libraría Aira das Letras informa das actividades que se están a preparar para conmemorar o Día de Rosalía en Allariz:

 

  • Magín Blanco deleitaranos co seu disco “A nena e o Grilo” (para nenos/as a partir de 3 anos). Será ás 18:00h. do sábado 23 na Fundación Vicente Risco.
  • Logo, en Torre Lombarda, presentarase o libro “Cantares Gallegos” ilustrado por Pepe Barro, terceiro volume da colección sobre Rosalía que fixo El Patito editorial.
  • Ademais, Narf, presentará varios temas do seu novo disco  (titulado “Nas noites escuras”) con poemas de Rosalía.
  • Ás 12 da noite do sábado, no Roi Xordo, actuarán Fdez e Quintá.
  • O domingo catro poetas (Concha Rousia, Iolanda Aldrei, Luz Fandiño e Artur Alonso) recitarán versos na honra de Rosalía acompañados polo trío de música medieval “Ars Anterga”. A lectura de poemas está aberta a quen queira participar. A actividade, se non chove, realizarase na Praza Maior ás 12:30h.

As persoas que merquen un libro en galego en Aira das Letras o 23 e 24 de febreiro levarán de agasallo unha flor.

Tamén colaboran na iniciativa Allariz, vila e corte romántica, pola que os días 22, 23 e 24 de febreiro hai descontos e campañas especiais nalgúns establecementos. Tedes máis información aquí.

Tórculo infórmanos dunha oferta de MeuBook. Por 99€ é posíbel contratar o Pack Autor Novel, coas seguintes características:

  • Publicación da obra,
  • Entrega de dous exemplares ao autor
  • Creación do espazo web do libro
  • Venda na libraría Meubook
  • Contratación dun ISBN
  • Xestión e entrega de 4 exemplares ao Depósito Legal
  • Promoción do libro en redes sociais.

O libro terá un formato de 14,8 x 21 cm ou 17 x 24 cm, imprimirase en branco e negro (no interior) e a portada a cor, e un máximo de 120 páxinas. Para conseguir o ebook do libro é preciso enviar no momento da compra un correo electrónico coa palabra “praedicare” a info@meubook.com.

– Aínda chegades a tempo para probar o menú desta semana da Tafona Casa de Xantar (Rúa da Virxe da Cerca, 7, Santiago de Compostela). O menú ten un prezo de 15€ e podedes probalo de martes a venres de 13.30 a 16.00. Cada semana muda, podedes consultalo aquí: https://www.facebook.com/tafona.casadexantar?fref=ts .

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis

Panel de preferencias de privacidade

Close your account?

Your account will be closed and all data will be permanently deleted and cannot be recovered. Are you sure?