Noticias da Mesa

As novidades desta semana de Abertos ao Galego

O pasado mércores entregamos o premio Abertos ao Galego a Tuenti; aniversario da libraría Como unha novela; obras de Baía Edicións premiadas en Gourmand Best in the World; presentación de Demo Editorial na Coruña; recomendacións de agasallo en galego de Aira das Letras; catálogo de Nadal de Abertos ao Galego

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

– O pasado mércores entregamos o premio Abertos ao Galego en Pontevedra. Foi para a empresa Tuenti Technologies, e dous representantes de Tuenti estiveron con nós (Javier Moreno, responsábel da tradución e soporte en galego e Cristóbal Fernández, director de comunicación).

 

– Estes días a libraría Como unha Novela da Laracha está de celebración, pois celebran o seu 5º aniversario

 

– Dúas obras de Baía Edicións, premiadas co Gourmand Best in the World. Os cogomelos na cociña e outras cousas  foi premiada por na categoría “Best Single Subject Cookbook”, sendo a gañadora de España en Galego. Sopas frías e quentes  foi premiada na categoría “Best Translation Cookbook”, sendo a gañadora de España en Galego.

Os gañadores de cada país compiten contra os gañadores na mesma categoría doutros países polo “Best in the World”. Os resultados anunciaranse o sábado 23 de febreiro de 2013 no teatro Le Carrousel du Louvre de Paris.

 

Demo Editorial presenta hoxe venres 21 de decembro Cousas de Mortos de Manel Cráneo, que asinará exemplares. É en Alita Cómics, na rúa Orzán da Coruña.  

 

– A libraría Aira das Letras presenta as súas recomendacións de agasallo en galego para este Nadal: http://airadasletras.com/central/110515wp/2012/12/recomendacions-para-agasallar-en-galego-no-nadal/

 

– E lembramos tamén as propostas de agasallo de Abertos ao Galego: http://issuu.com/davidlages/docs/catalogo_nadal_final

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis