Noticias da Mesa

As novidades desta semana de Abertos ao Galego

Nova incorporación: Tagen Ata; nova web da Picota, novidades de Edicións Xerais; oferta en Aira das Letras

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nova incorporación. Esta semana entra unha nova empresa en Abertos ao Galego: Tagen Ata (http://tagenata.com/)

A Picota. A tenda e obradoiro de artesanía ten unha nova páxina web: www.apicota.com.

Edicións Xerais informa da edición en forma de novela gráfica de Cartas de Inverno, de Agustín Fernández Paz. A adaptación asínaa Antonio Seijas Cruz e está á venda. Tamén publican Como falar e escribir galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, Do G ao Z, de Manuel Veiga, Morgún (Lobo Máxico) de Suso de Toro, O rastro que deixamos, de Agustín Fernández Paz

A libraría Aira das Letras de Allariz ten estes días un desconto dun 25% nos CDs para todas as persoas que compren un libro.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis