A Mesa pola Normalización Lingüística

Asemblea da Mesa en Lugo o próximo 3 de decembro

Terá lugar ás 20.00h no Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, nº 1- baixo 5)

A Mesa pola Normalización Lingüística de Lugo vén de convocar unha asemblea de zona na próxima segunda feira, 3 de decembro, ás 20.00h no Lar (local da A.c. Cultura Do País, no Carril das Hortas).

As asembleas de zona ordinarias da MESA pola Normalización Lingüística de Lugo teñen unha periodicidade mensal. Celébranse, salvo acordo contrario, todas as primeiras segundas feiras de cada mes e están abertas tanto a socias e socios da Mesa como a simpatizantes da asociación.

Animádevos a participar!

Día: segunda feira, 3 de decembro de 2012.

Hora: 20.00

Lugar: Lar da Cultura do País (Carril das Hortas, nº 1- baixo 5).

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra