Noticias da Mesa

Asemblea Xeral da Mesa

A Mesa pola Normalización Lingüísitica celebrará este sábado 25 de abril a partir das 10.30 a súa Asemblea xeral anual de socias e socios no Centro Sur da cidade de Pontevedra (antiga residencia Santiago Apóstolo da ONCE), Luís Braillie nº 40, 36003, (nesta ligazón tes o enderezo en Google Maps)

itineraio_AP9_CENTROSUR

Como vén sendo habitual desde 2012, a asemblea xeral vai rotando entre diferentes vilas, correspondéndolle noutras ocasións a Ferrol, Ourense, A Coruña, e Pontevedra nesta ocasión.

Nesta asemblea, á que están chamadas a participar todas as socias e socios, avaliaranse o realizado pola entidade en defensa da lingua galega no último ano e debateranse as novas propostas de actividades, xunto coas accións a realizar de cara ao vindeiro 17 de maio conxuntamente coa plataforma cidadá Queremos Galego, coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística.

A persoas non socias interesadas en participar pódense dirixir ao correo amesa@amesa.gal

 

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis