Asemblea Xeral da Mesa – Xantar e roteiro por Ferrol

O día da Asemblea Xeral (sábado 5 de outubro), A Mesa organiza dúas actividades en Ferrol ás que está convidada toda a afiliación

– Xantar na Taberna do Cantón (Rúa do Carme, 1). O prezo é de 20€ por persoa e é preciso reservar con antelación (a data límite é o día 2) en amesa@amesanl.org ou 666593812. A hora prevista de inicio é ás 15 horas (en función do horario da asemblea).

– Roteiro guiado pola cidade, para coñecermos o patrimonio arquitectónico urbano de Ferrol, cunha duración aproximada de 2 horas e con saída ás 17 horas dos xardíns do Cantón de Molíns, á altura da Taberna do Cantón. Non é preciso inscribirse previamente.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra