Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9599 apoios para esta campaña.

  1. Ramón S. Bouzas González · 23125
    Hai 3 anos · Funcionario · Allariz
  2. Sandra Mosteiro Felípez · 23124
    Hai 3 anos · Auxiliar de xeriatría · Vilasantar
  3. bellelita@hotmail.com · 23123
    Hai 3 anos · Actriz · A Corunha
  4. Sergio Rodríguez parrado · 23122
    Hai 3 anos · Arzúa
  5. Isabel Martinez-Risco Valdivieso · 23121
    Hai 3 anos · Actriz · A Corunha
  6. María Teresa Barreiro Martínez · 23120
    Hai 3 anos · Funcionaria · Pontevedra
  7. Alfonso Agra Tato · 23119
    Hai 3 anos · Actor · Vigo
  8. Maribel Valdivieso Varela · 23118
    Hai 3 anos · Xubilada · A Coruña
  9. Gonzalo Pais Beiro · 23117
    Hai 3 anos · Profesor · NOIA
  10. Denís Bermúdez Delgado · 23116
    Hai 3 anos · Administrador de Sistemas Informáticos · Arzúa
  11. Uxía Casteleiro Cutrín · 23115
    Hai 3 anos · TCAE · Ares
  12. María Y. Álvarez Sánchez · 23114
    Hai 3 anos · Ferrol
  13. Antonio Alvarez gonzalez · 23113
    Hai 3 anos · Celador de telofonia · San Pedro de macendo castrelo de miño
  14. Matilde Pena González · 23112
    Hai 3 anos · Mestra · Santiago
  15. Isabel Pérez Pérez · 23111
    Hai 3 anos · Pensionista · Moaña

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra