Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.502 persoas apoiaron xa esta campaña! 1 persoas apoiaron na/s última/s 1 semana/s.
Faltan tan só 498 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9502 apoios para esta campaña.

  1. Sol · 23155
    Hai 9 meses · Administrativo · A Coruña
  2. Rosa Enríquez · 23154
    Hai 9 meses · Profesora · Teo
  3. Isabel Risco · 23153
    Hai 9 meses · Avogada · Tenerife
  4. Gabriel Álvarez Martínez · 23152
    Hai 9 meses · Tradutor · Santiago
  5. Daniel Alexandre Martínez Ces · 23151
    Hai 9 meses · Deseñador Gráfico · Ferrol
  6. Angel Alfonso Pereira Pastoriza · 23150
    Hai 9 meses · Moaña
  7. Ana Villar Veiga · 23149
    Hai 9 meses · Administrativa · Arzúa
  8. África Veloso Peaguda · 23148
    Hai 9 meses · Administrativa · Ourense
  9. Montserrat Rodríguez Alvarez · 23147
    Hai 9 meses · Profesora · PONTEAREAS
  10. Ana Pose Blanco · 23146
    Hai 9 meses · Docente · Boiro
  11. Artai Gavilanes · 23145
    Hai 9 meses · Estudante · Ourense
  12. María Teresa Meizoso Alonso · 23144
    Hai 9 meses · Sanitaria · Ferrol
  13. Jorge Saborido candamo · 23143
    Hai 9 meses · Paro · A Coruña
  14. Matilde Careaga Martínez · 23142
    Hai 9 meses · Mestra · A Coruña
  15. Xesús García Couso · 23141
    Hai 9 meses · Bueu

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra