Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9598 apoios para esta campaña.

  1. José Luis Carreira · 23185
    Hai 3 anos · Arzua
  2. Sonia Prados Vázquez · 23184
    Hai 3 anos · Educadora · Ferrol
  3. Iria Gema González García · 23183
    Hai 3 anos · Enxeñaría · Santiago de Compostela
  4. Carlos González González · 23182
    Hai 3 anos · Opositor · Compostema
  5. Sandra Vidal Abad · 23181
    Hai 3 anos · Administrativa · A Laracha
  6. Iolanda Teixeiro Rei · 23180
    Hai 3 anos · Tai Chi · Ferrol
  7. Montse Abad · 23179
    Hai 3 anos · Profesora · Madrid
  8. Anxo Suárez Lado · 23178
    Hai 3 anos · Escritor · Arteixo
  9. Nora Abad Pérez · 23177
    Hai 3 anos · Actriz · A Coruña
  10. Maria Rodríguez Rodríguez · 23176
    Hai 3 anos · Estudiante · Vigo
  11. Paloma Barrera Crespo · 23175
    Hai 3 anos · Tradutora autónoma · Lugo
  12. Susana Álvarez Martinez · 23174
    Hai 3 anos · Profesora · Santiago de Compostela
  13. Uxía Buceta Soto · 23173
    Hai 3 anos · Estudante · Vigo
  14. Diana Fernández de la Torre · 23172
    Hai 3 anos · Perruqueira · Cuntis
  15. Laura Arrojo Reguera · 23171
    Hai 3 anos · Docente · Castroverde

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra